01/07/16

Retómanse as actividades

Dende CIDU e INCUDE agradecemos as mensaxes de pésame recibidas e comunicamos que se recuperan as actividades suspendidas dende o vindeiro luns.

Actividades dunha semana de duración de luns a venres e de 11,00 a 14,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

Semana de Xogos Básicos II.
Do luns 4 de xullo ao venres 8 de xullo.
Iniciación e pequenos torneos con xogos tradicionais.
(Xadrez, damas clásicas, dominó...)


Nas semanas seguintes:


Xadrez. curso de nivel i.
Do luns 11 de xullo ao venres 15 de xullo.
Curso de iniciación ao xadrez.

Xadrez. curso de nivel Ii.
Do luns 18 de xullo ao venres 22 de xullo.
Curso de mellora no xadrez.

ESTRATEXIA.
Do luns 1 de agosto ao venres 5 de agosto.
Iniciación aos conceptos de estratexia e táctica e a xogos de taboleiro de tipo estratéxico.

xadrez. finais.
Do luns 8 de agosto ao venres 12 de agosto.
Iniciación aos finais de partidas en xadrez.

Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de participantes por grupo: 8
Mínimo de participantes por grupo: 4
Poden anotarse no correo cidu@xadrezuniversitario.org