16/04/26

Adeus Ernesto

Lamentamos comunicar o falecemento de Ernesto Pérez Ramil despois de loitar durante meses contra un cancro que lle fora detectado no verán do ano pasado. Ernesto fora fundador do CIDU e presidente dende a fundación en 1994 ata o ano 2016.

O mundo do xadrez coruñés e galego perde un dos seus referentes. Durante a súa presidencia, a cidade da Coruña encheuse de todo tivo de actividades, dende torneos universitarios ata torneos maratóns que continuaban polas noites, aptos unicamente para os máis valentes (ou para os que tiñan insomnio segundo como se mire). Tamén fixo posibles grandes eventos como as múltiples edicións do Match Coruña-Porto ou a Copa Galicia, torneo por equipos que deu comezo como unha actividade do CIDU pero que gañaría tanta notoriedade que acabou por formar parte do calendario oficial da Federación Galega de Xadrez.

Estes 10 anos foron un reto constante por estar á altura do que el conseguiu e, agora que xa non está con nós, os torneos terán un sabor diferente. Pero o que temos claro é que unha das mellores formas de manter viva a súa memoria é continuar as actividades por moitos anos máis.

DEP