27/04/26

Final con ascenso!

Rolda 7 no CUR
CIDU UDC vs ETX B e CIDU INCUDE vs Irindo.
CIDU UDC gañou 4-0 ese encontro
Este pasado sábado foi a 11ª e derradeira rolda da Liga 2026 e o CIDU UDC confirmou o seu ascenso á 1ª División.

O ascenso matemático conseguírase a anterior rolda no encontro fronte a un dos rivais directos, o Gillán de Malpica. O que nun primeiro momento semellaba un enfrontamento que podía traer complicacións, acabou sendo un triunfo importante (0,5-3,5) que deu o empurrón definitivo ao equipo.

Ao mesmo tempo a derrota do Gillán  supuxo que quedase fóra da carreira polo ascenso, xa que o outro rival directo, o Xiria de Carballo, conseguiría un 4-0 asegurando tamén o ascenso de categoría.

A última rolda contra o Xiria Carballo xa era un mero trámite pois o ascenso estaba asegurado, pero o equipo foi ao encontro con decisión para asegurar o primeiro posto da clasificación e acabar invicto nesta tempada 2026.

Moitas grazas aos xogadores dos 3 equipos do CIDU polo esforzo demostrado estes meses.

Moitas grazas tamén ao Concello da Coruña polas axudas á actividade federada para esta tempada 2026.