16/06/26

Xadrez en Cariño


Os dous torneos do Campus de Ferrol organizados polo CIDU e INCUDE previstos son os de variedade lóstrego no Centro Comercial Odeón, e repetimos en Cariño o 11 de xullo, co apoio do Concello. Agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.


BASES DO TORNEO ANIVERSARIO EN CARIÑO

DATA: 
Sábado 11 de xullo de 2026.

LOCAL DE XOGO:
Paseo marítimo (Cobertizo).

HORARIO:
De 15,00 a 17,00 resolveremos as dúbidas sobre o xadrez e a competición a tódolos interesados e ensinaremos os movementos básicos do noso xogo.

A presentación dos xogadores inscritos e inscricións tardías serán de 16,30 ata 16,50
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 19,30 a 20,00.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera interesado. 
Os participantes da actividade xogarán nas seguintes categorías de acordo coa súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2018 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2017 e 2016.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2015 e 2014.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2013 e 2012.
Absoluta. Nados en 2011 ou anteriores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Libro e pequeno agasallo para todos os participantes.
Medalla para todos os participantes sub14.

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.