07/06/21

Vitoria no circuito para Roiandroll

O Circuito de Primavera rematou o pasado venres coa vitoria no torneo de ramiro72, que liderou o circuito varias xornadas, pero que se veu rebasado nas últimas por RoiandRoll, que xa gañara o circuito de Inverno.

RoiandRoll e o nick en chess.com de Rodrigo Pena, alumno de socioloxía.

A clasificación final tras as seis probas que conformaban o Circuito foi a seguinte:

Coa celebración deste torneo, rematamos os circuitos online do curso 2020-2021, nos que celebramos os Circuitos de Outono, Inverno e Primavera. Grazas a todos os que xogaron nalgún dos torneos e agardamos seguir con esta actividade no curso 2021-2022 pero xa de xeito presencial, como faciamos antes da COVID.

Lembramos que está aberto o prazo para para participar no II Torneo de xadrez na modalidade 960, actividade que é restrinxida só para membros da comunidade universitaria da Coruña.

01/06/21

ULTIMA PROBA DO CIRCUITO DE PRIMAVERA

O próximo venres rematará o Circuito de Primavera.

En principio en INCUDE non temos prevista a realización de mais circuitos ata o inicio do Circuito de Outono en outubro ou novembro.

Tras o torneo do pasado venres os resultados impulsan a RoiandRoll á primeira praza, reforzada polo feito de que o anterior lider non foi quen de puntuar, o que deixa a ramiro72 ante a necesidade de gañar ou quedar segundo e que roiandroll non puntue.

Clasificación actual:


Último torneo. Venres 4 ás 21,29.

27/05/21

Penúltimo torneo do Circuito

Este venres 28 teremos o penúltimo torneo do Circuito de Primavera.

Nas últimas semanas RoiandRoll foi recurtando a distancia con ramiro72. E agora é so dun punto.

Unha situación moi axustada que veremos a favor de quen se inclina


Próximo torneo:
Venres 28/05/2021 ás 21,30 en chess.com

25/05/21

ROBERTO SERRANO GAÑA O TORNEO ONLINE. LANZAMOS TORNEO 960.

Roberto Serrano (PAS), que foi segundo nos torneos de 2019 Online e 960 ven de impoñerse no Torneo Online da UDC deste curso. Roberto xa gañou no pasado decembro o XXX Torneo Universitario presencial.

Tras Roberto Serrano quedou Rodrigo Pena (alumno de Socioloxía) e en terceiro lugar Diego Medín (exalumno de Aparelladores) que gañara na edición anterior.

A clasificación completa (2 páxinas) pode verse en: 

https://www.chess.com/tournament/vii-torneo-online-da-udc/players?&page=1

TORNEO 960

Deixamos pouco menos dun mes para empezar outro torneo online; a segunda edición do Torneo 960.

Lembra que nesta modalidade as pezas da primeira fila sorteánse dentro dunha serie de restriccións.

Neste torneo poden participar os membros do noso club UDC en chess.com (Comunidade Universitaria e exalumnos).

O Torneo empezará o 14 de xuño, ao remate dos exames.

https://www.chess.com/tournament/ii-torneo-de-xadrez-960

20/05/21

Retomamos o circuito

O Circuito de Primavera volve o próximo venres.

ramiro72, que lidera o Circuito,  recolleu esta semana o trofeo das actividades COVID de marzo e abril.

Por outra banda a falta dunha soa partida JoinFreeEasy é o virtual vencedor do Torneo Online da UDC deste curso. En canto remate faremos o torneo online 960.

Próximo torneo:

Venres 21 de maio ás 21,30 en chess.com

https://www.chess.com/play/tournament/2330877