09/11/23
Actividade na Fin de semana
05/11/23
Liga de Outono por Equipos
Este venres 3 de novembro tivemos a Liga de Outono por equipos no CC Los Rosales. Nesta edición tivemos 4 equipos e cada equipo estivo formado por 3 xogadores.
Os equipos e integrantes foron os seguintes:
1. Xadrez das Mariñas (Florencio González - Ruperto García - Félix García)
2. Mirko (Alberto Sánchez - Óliver Sánchez - Marco Marcote)
3. Xadrez das Mariñas Segundo equipo - José Manuel Andión - David Pérez - Adrián Quevedo)
4. Combinado (Ahmed Bouras - Luis Patiño - Daniel Codesido)
Os resultados foron os seguintes
Primeiro desempate: Puntos de cada taboleiro (entre paréntese)
Segundo desempate: Encontro directo
Gañou o Xadrez das Mariñas Segundo equipo por vencer no encontro directo contra o Combinado.
03/11/23
Torneos de Outono
Pero xa quedou pechado e ao longo da tarde publicaremos as listaxes en info64
Lembrade que se se pode participar ata cubrir o aforo de 32 nos Torneos Absoluto e Lóstrego deste sábado ou vir aos torneos por equipos e de pasapezas desta tarde.
E tedes xa as bases do Torneo Odeón que se vai realizar o sábado 11 en Narón.
02/11/23
Torneo ODEON – Aniversario do CIDU
Sistema Suixo a 5 roldas.
Ritmo de 10’+3’’
Desempates por sorteo tras a derradeira rolda.
Poden participar un máximo de 32 xogadores, que conten con licenza federativa en vigor.
Aqueles interesados sen licenza poden preguntar aos organizadores para a súa tramitación.
A inscrición é gratuíta. Solicitamos aos asistintes un quilo de comida (pasta ou arroz).
Terán preferencia na incrición os membros da Universidade da Coruña.
Igoalmente terán preferencia os xogadores do Club Xadrez Narón, CIDU e socios de AGAX.
Presentación: 17,00
Primeira Rolda: 17,30
Segunda Rolda: 18,00
Terceira Rolda: 18,30
Cuarta Rolda: 19,00
Quinta Rolda: 19,30
Peche: 20,00
Inscrición a través do seguinte formulario: PREME
01/11/23
Últimas horas para inscribirse
Este prazo poderá ser ampliado se non se chega ao máximo de participación previsto, pero non nas categorías promoción.
Así que non agardedes moito para anotaros.



