Pronto imos dar comezo aos Torneos de Outono e primeira das probas será o torneo por equipos.
Venres 20 de novembro de 2026.
Trofeo para os tres primeiros equipos.
Pronto imos dar comezo aos Torneos de Outono e primeira das probas será o torneo por equipos.
En segundo posto tivemos a Antonio López de ETX, seguido por Miguel Cintado no terceiro posto e tamén de ETX.
Resultados:
https://info64.org/xxxvii-torneo-universitario/standings
| 1 | 3 | Lopez Vazquez, Gonzalo | ESP | 6,0 | 0 | 19.5 | 18.0 | 6 | 21.0 | 1709 | CIDU | |
| 2 | 6 | Lopez Fernandez, Antonio | ESP | 4,0 | 1 | 20.5 | 18.5 | 4 | 13.0 | 1566 | ETX | |
| 3 | 2 | Cintado Yanez, Miguel | ESP | 4,0 | 2 | 22.5 | 19.5 | 4 | 16.0 | 1734 | ETX | |
| 4 | 4 | Del Valle Rodriguez, Ramiro | ESP | 3,5 | 1 | 21.5 | 19.5 | 3 | 13.5 | 1644 | ETX | |
| 5 | 1 | Aba Varela, Jose | ESP | 3,5 | 2 | 19.5 | 18.0 | 3 | 12.0 | 1743 | CIDU | |
| 6 | 8 | Camanez Cabeza, Rafael | ESP | 3,0 | 0 | 19.5 | 18.0 | 3 | 10.0 | 1509 | Coruña | |
| 7 | 7 | Castelo Ramos, Jose Luis | ESP | 3,0 | 0 | 18.0 | 16.0 | 2 | 9.5 | 1544 | XDM | |
| 8 | 5 | Moreno Cobos, Ricardo | ESP | 3,0 | 0 | 17.5 | 16.0 | 3 | 11.0 | 1621 | ETX | |
| 9 | 10 | Penedo Gaspar, Fatima | ESP | 2,0 | 0 | 17.0 | 15.5 | 1 | 6.0 | 1412 | Culleredo | |
| 10 | 9 | Fernandez Ballon, Pablo | ESP | 1,5 | 1 | 19.0 | 17.5 | 1 | 6.5 | 1428 | XDM | |
| 11 | 11 | Penedo Gaspar, Diego | ESP | 1,5 | 2 | 13.5 | 12.0 | 0 | 3.5 | 1401 | Culleredo | |
| 12 | 12 | Barral Gonzalez, Manuel | ESP | 1,0 | 0 | 12.0 | 11.0 | 0 | 4.0 | 0 | Sigras |
Organizan: CIDU e INCUDE.
Datas: Venres 9, 16 e 23 de outubro de 2026.
Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 17,45. Horario das partidas: 18,00 horas.
Local de xogo: CC Los Rosales - Local de xadrez
Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas. 2 roldas por día
ELO: O torneo será valedoiro para ELO.
Ritmo de xogo: 25´+ 10”
Horario de clausura: O último día de xogo sobre as 20,30 horas aproximadamente.
Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA.
Participación:
1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.
2. Haberá un máximo de 32 participantes.
Inscricións:
A cota será de balde para os estudantes da Universidade da Coruña e para os socios do CIDU, XDM ou AGAX
Os interesados en participar que non figuren dentro de ningunha das categorías anteriores poderán inscribirse no CIDU (25 euros con dereito a licenza federativa para xogar noutros torneos oficiais en 2026) ou AGAX (10 euros) que non obriga a disputar a liga con ningún club en concreto e axuda a realización de torneos como estes.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
O prazo permanecerá aberto ata o 8 de outubro ou ata que se complete o aforo previsto.
DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán os seguintes:
1. Encontro directo, 2. Bucholz total, 3. Bucholz -1, 4. Número de partidas gañadas, 5. Progresivo ata últimas consecuencias.
Premios:
1º posto: Trofeo.
2º posto: Trofeo.
3º posto: Trofeo.
1º clasificado estudante da UDC: Trofeo como vencedor do XXXVII Torneo Universitario.
É obrigatoria a presenza na clausura para recoller os premios.
Director do torneo: Daniel Codesido Sánchez
Árbitro do torneo: Francisco Pedreira Giralda
Aspectos varios:
A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.
Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de modificar as bases do torneo sen outro requisito que a publicación na web da entidade.