30/06/23

Xadrez en Vimianzo

O mes de xullo que comeza este sábado chega un ano mais para nos coa colaboración nas actividades do Asalto ao Castelo en Vimianzo. Este curso ademais tivemos un xogador no equipo de xadrez que vive por aló, así que todo perfecto para incrementar as nosas actividades naqueles lugares.

No referente ao xadrez aquí tes as actividades:

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

Será na praza do Concello.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo. 

Se non coñecedes o Asalto, botádelle un ollo á programación e preparar a excursión.

Info: https://www.asaltoaocastelo.gal/programacion/

28/06/23

TORNEO DE SAN PEDRO

Hoxe mércores temos o torneo amigable das fogueiras de San Pedro.

Temos un pequeno trofeo para o vencedor.

Será ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales.

Partidas a cinco minutos.

O nome do torneo recolle a vella tradición de facer lumes nesta noite, que aínda teñen lugar en diferentes localidade do país como en Ribadeo, Bueu ou a Comarca do Val Miñor.

Era a Festa do Lume Vello, ao tirar neste día a borralla da lareira e de limpar esta área do fogar prendendo un lume novo, a xeito de renovación. A celebración, moi vencellada aos ritos de San Xoán, inclúe tamén a recollida de herbas aromáticas. 

23/06/23

Actividades do verán

A fin de semana será tranquila. Hoxe a pouca distancia da nosa sé celebrarase a noite mais espectacular do ano así que pasádeo ben no San Xoan.

A data ten moitos ditos, pero queremos lembrar este para os nosos xogadores:

A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.

En calquera caso, imos con outros datos, queremos dar as grazas ao Servizo Municipal de Deportes que na lista provicional de concesións axudará ao CIDU para disputar a Liga e para organizar o Torneo de Outono. Ambas accións xa veñen sendo axudadas dende hai anos, pero este ano o Torneo de Outono forma parte do Circuito de Xadrez Promoción da FEGAXA, así que agardamos ter un gran torneo como o do pasado 1 de maio.

Por outra banda este espazo na web cumpriu hai uns meses 15 anos e hoxe publicamos con esta a entrada 1.000 e temos a día de hoxe mais de 300.000 visitantes. 

E por último AGAX ven de publicar as distintas actividades do verán, nas que aínda faltan algunhas das nosas.

Visita a ligazón, porqué xa comezan este luns!

https://www.xogandocoxadrez.eu/2023/06/rematado-o-curso-hai-varias-actividades.html

19/06/23

Gañadores do Torneo de Colexios

O sábado mentras o equipo dos maiores quedaba terceiro na Liga das Mariñas, mandabamos tamén un equipo ao torneo de Colexios que se celebraba no Centro Comercial Vialia, en Vigo.

O torneo tivo menos participación do agardado ao coincidir cun torneo en Nigrán do circuito Promoción pero en calquera caso o resultado foi que Calasanz quedou primeiro e isto permitiría ao equipo participar na fase final en Alacalá de Henares en setembro xunto a outros cinco representantes de distintas fases celebradas noutros puntos de España.

Noraboa a Ruben, Pablo, Carlos e  Nico que xogando nesta orde lograron unha boa pocentaxe dos puntos en xogo.



15/06/23

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

ACTIVIDADES DE XADREZ

VENRES 16 DE XUÑO
20,30 - 21,30: TORNEO NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR.
Aberto a membros da Comunidade Universitaria, xogadores do CIDU e rapaces nacidos en 2009 ou seguintes (haberá trofeo para os tres mellores destes últimos).

SÁBADO 17 DE XUÑO
17,00: Un equipo do Colexio Calasanz competirá en Vigo no Torneo de Colexios organizado no Centro Comercial Vialia.
17,00: Un equipo do CIDU tomará parte na Liga das Mariñas a celebrar en Vila Concepción.

DOMINGO 18 DE XUÑO
11,00: Día do Deporte na Rúa. O xadrez estará na Praza de Portugal.

ACTIVIDADES DIVERSAS

MERCORES 21 DE XUÑO
13,00: Visita a exposición de Pablo Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña. 
Para todos os interesados. Mais info en:

SÁBADO 1 DE XULLO
Participación nas actividades do Asalto ao Castelo de Vimianzo

SABADO 29 DE XULLO
Visita ao Pazo de Tor (Monforte de Lemos)