04/05/10

Empeza a segunda xornada.


O hotel está en silencio ata as 9,30 que todo o mundo corre a ducha e baixa a tomar algo antes da rolda das 10,00. Ben... algun queda na cama ata prácticamente as 10,00 e logo baixa rozando a perda da partida por retraso.

Algúns deitáronse ás 8,00 asi que é normal ver baixar zombis polas escaleiras.

Un pouco asi estaba Tone, que deixouse un mate na primeira partida do día. Pablo tamén caeu, asi que perdeu a imbatibilidade e agora os nosos mellores representantes levan 3,5 (Pablo Fernández) e 3 (Tone e Koki).

Brenda que no ano pasado lograra 4 puntos tería que gañar 3 das 4 partidas que faltan para igoalar.