19/05/10

O CIDU na Copa Galicia

Aínda que a xente estaba moi ocupada finalmente o CIDU presentou un equipo para a Copa Galicia, aínda que as catro roldas as xogaron os mesmos xogadores; Luis Carlos Martínez, Franciso Domínguez, Ayrton Sardina e Ernesto Pérez (que tivo que xogar ao final ante a falta de Angel Roade, que teoricamente iba a xogar).

Poucos puntos nas 4 roldas, pero destacar as táboas de Ayrton con Iván Fernández e a súa victoria sobre Paco Leal.