Desde o venres até o sábado celébrase na Coruña un auténtico Maratón de Xadrez coa celebración de catro Torneos no Sporting Club Casino baixo a organización do Club de Iniciativas Deportivas Universitarias, que por segundo ano consecutivo faise cargo da celebración da Copa Galicia, torneo oficial de xadrez semirrápido e incorpora outros torneos para calquera tipo de afeccionado.
Case trescentos xogadores inscritos (63 en categoría cadete e 221 en absoluta) nas dúas probas oficiais da Copa Galicia fan deste evento o máis importante en participación de todos os que se celebran na cidade nesta modalidade deportiva nunha mesma sala.
Empezamos o venres co Torneo de Rápidas.
Non esperamos que sexa esta unha proba tan concurrida como as outras, simplemente celebramos o noso torneo semanal no Casino en vez de no Centro Universitario de Riazor e temos trofeos para os tres primeiros clasificados.