30/10/21

Daniel Codesido vence no Circuito de Outono

Daniel Codesido adxudicouse o segundo dos torneos do Circuito de Outono.

A segunda praza de Rodrigo Pena, empatado a puntos con Daniel, permítelle manter o primeiro posto do Circuito.

Clasificación do Torneo

1. Daniel Codesido 4
2. Rodrigo Pena 4
3. Ernesto Pérez 3
4. Roberto Serrano 2
5. David Novoa 2
6. José Pardo

O próximo día de torneo será o venres día 5 no Centro Comercial Los Rosales.

29/10/21

A ponte do Samain

Estas son as nosas recomendacións para esta ponte, na que realizaremos varias actividades distintas.

VENRES 29

En colaboración con AGAX dende as 19,00 teremos mesas dispostas no Centro Comercial Los Rosales para poder botar partidas de xadrez e nese mesmo espazo ás 20,15 teremos un torneo do noso Circuito de Outono, consistente en cinco partidas a cinco minutos.

Tras as partidas de xadrez realizaremos algunha partida a outros xogos.

Se o que te va é a maxia o noso exdirectivo e antigo alumno de Socioloxía, David Maestro, actúa no auditorio de Arteixo ás 20,00.

Tamén este venres detérminase cal será a directiva de INCUDE para o presente curso.

SÁBADO 30

AGAX realiza no Centro Comercial Los Rosales unha interesante tarde de xadrez coa Copa AGAX e torneo Tódolos Santos.
Podes ver a información e anotarte en www.xadrecista.eu. Unha combinación de torneo suizo e de Copa con eliminatorias. 
De 17,00 a 20,40 aproximadamente.

Tras as partidas de xadrez realizaremos algunha partida a outros xogos.

DOMINGO 31

Tamén AGAX organiza o domingo un novo torneo do seu Circuito dos Domingos Online. Ás 17,00 horas.

Importante: Últimas datas para anotarse no TORNEO UNIVERSITARIO ONLINE.

É en chess.com no noso club pechado para membros da comunidade universitaria da Coruña.


LUNS 1

Inicia o Torneo Universitario Online.
(agardamos que te anotaras)

O mago David Maestro actúa en Cedeira. 

16/10/21

EMPEZOU O CIRCUITO DE OUTONO

Tras estes meses con actividade a medio gas, este venres retornábamos á nosa actividade presencial, recuperando unha das actividades que mais teñen caracterizado a nosa actividade nos últimos anos; a xuntanzas dos venres pola tarde.

Coa mellora da situación COVID decidimos recuperar estas accións ainda que empregando unha sala distinta de maior ventilación que o noso semisoto do Centro Universitario de Riazor.

Este circuito comezou coa vitoria do gañador dos anteriores circuitos de 2021; Rodrigo Pena, que esta vez xa non disputaba a proba como alumno da Universidade, se non como exalumno tras rematar no pasado curso o seu master.

Tras Rodrigo Pena quedou Manuel Cascallar, alumno de arquitectura e no terceiro posto o exalumno e expresidente de INCUDE, Daniel Codesido.

A clasificación foi a seguinte:

1 RODRIGO PENA,     5 8.0 14.0 15.0
2 MANUEL CASCALLAR,     4 9.0 16.5 13.0
3 DANIEL CODESIDO,     3 8.5 15.0 11.0
4 DAVID NOVOA,     3 8.5 13.5 10.0
5 ROBERTO SERRANO,     3 7.5 13.0 7.0
6 ANXO CASTRO,     3 6.5 10.5 8.0
7 VERA GARCIA-MUÑOZ,     2 7.5 10.5 7.0
8 ADRIAN QUEVEDO,     2 7.0 12.0 8.0
9 NOA GARCIA-MUÑOZ,     2 7.0 10.0 4.0
10 DAVID PEREZ,     1 3.0 9.5 2.0
11 DAVID PRESNO,     0 6.5 11.0 0.0

Como nos anteriores casos, os cinco primeiros puntuan para o Circuito.



13/10/21

CIRCUITO DE OUTONO

Aínda que manteremos as precaucións lóxicas, dende INCUDE anunciamos que o Circuito de Outono será presencial.
O circuito de outono de 2019, hai dous anos, foi o último que se puido facer presencial. O seguinte, o de inverno xa se veu modificado pola pandemia.
Seguiremos no noso estilo... 6 torneos cun circuito no que sumarán os cinco mellores clasificados.

Ritmo: 5 minutos finish.

Datas previstas de xogo:

Primeiro Torneo: venres 15 de outubro.
Segundo Torneo: venres 22 de outubro.
Terceiro Torneo: venres 5 de novembro.
Cuarto Torneo: venres 12 de novembro.
Quinto Torneo: venres 26 de novembro.
Sexto e último torneo: venres 3 de decembro.

Serán ás 20,15 no CUR. Planta baixa. Sala ventilada.

Cota de participación por cada torneo: 1 €
Premio en cada torneo: Camisola.

Premio do circuito: Trofeo.

O límite de participación será anunciado conforme as directrices da Universidade.  

02/09/21

Xogos de Enxeño

OLIMPIADA XOGOS ENXEÑO


Colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas e a Casa das Ciencias.
Actividade de carácter aberto para tódolos interesados.

Horario das accións: 16,30 – 18,30

Pola situación COVID partimos do limite a 10 persoas mais monitor que teñen os museos.

A Mind Sports Association, é unha entidade que reune dende 2005 ás federacións internacionais dos deportes de mente mais recoñecidos, sendo as fundadoras as federacións de Damas, Xadrez, Bridge e Go. Aínda que o Bridge ten o recoñecemento de deporte universitario pola FISU, non hai na práctica bridge universitario en España, polo que serán os outros tres xogos a base da actividade.

ACTIVIDADE 1: ACTIVIDADE DE XADREZ
Sábado 4 de setembro: Partidas libres e clases de iniciación ao xadrez.
Domingo 5 de setembro: Torneo de partidas rápidas. Trofeo Promocion de Xadrez.

ACTIVIDADE 2: ACTIVIDADE DE DAMAS
Un xogo moi coñecido en España, pero onde xógase una modalidade non recoñecida internacionalmente.
Sábado 11 de setembro: Partidas libres e clases de iniciación ás damas (var. española).
Domingo 12 de setembro: Torneo de partidas rápidas. Trofeo Torneo Universitario Damas.

ACTIVIDADE 3: ACTIVIDADE DE GO
Moi pouco xogado en España, ainda que en case todas as cidades hai grupos de practicantes (como no caso da Coruña ou de Santiago). Son mais coñecidos os xogos de Othello ou o Reversi (que aparecía antes en versións antigas de Windows) que son unha versión reducida do Go. Neste caso e debido a longa duración das partidas de Go, o Torneo será os dous días e simultáneamente haberá explicacións e partidas de Othello e de Go en taboleiro reducido.
Sábado 18 de setembro: Torneo Universitario de Go.
Domingo 19 de setembro: Torneo Universitario de Go

Información para anotase na web dos Amigos da Casa das Ciencias: