10/02/24

XXXII TORNEO UNIVERSITARIO DE RÁPIDAS.

Lembramos que hoxe, sábado de entroido, temos o Torneo Universitario de Rápidas:

XXXII TORNEO UNIVERSITARIO DE RÁPIDAS.
Horario: 17,00 a 20,00 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 15' + 3''
Categoría única.
Suízo a 5 roldas. Máximo 32 participantes.
Cota: 4 euros (Gratuíto para alumnos da UDC e membros do CIDU).
Premios: Trofeo para o mellor universitario.
O Torneo está dentro do Torneo de Entroido que facemos coa SCD Palaestra.

Aínda que a actividade será na sala de xadrez, no Centro Comercial a partir das 17:30 horas haberá xogos de entroido con música, bailes e coreografías para prepararse para o desfile do luns 12, así que probablemente teremos algo de ruido.


09/02/24

Torneo Universitario e Circuito de Inverno

CIRCUÍTO DE INVERNO.

Horario: 20,30 a 21,30 aproximadamente.
Centro Universitario de Riazor. Sala de INCUDE.
Ritmo: 5 minutos
Só para membros da comunidade universitaria da UDC ou membros do CIDU
Suízo a 5 roldas. 
Cota: 1 euro.
Premio en cada proba: Camiseta.
Premio para o circuito: Trofeo para o primeiro clasificado.
Datas dos torneos: 9, 16 e 23 de febreiro e 1, 8 e 15 de marzo.

XXXII TORNEO UNIVERSITARIO DE RÁPIDAS.
Horario: 17,00 a 20,00 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 15' + 3''
Categoría única.
Suízo a 5 roldas. Máximo 32 participantes.
Cota: 4 euros (Gratuíto para alumnos da UDC e membros do CIDU).
Premios: Trofeo para o mellor universitario.
O Torneo está dentro do Torneo de Entroido que facemos coa SCD Palaestra.

Aínda que a actividade será na sala de xadrez, no Centro Comercial a partir das 17:30 horas haberá xogos de entroido con música, bailes e coreografías para prepararse para o desfile do luns 12, así que probablemente teremos algo de ruido.


29/01/24

Calendario de Liga

En febreiro iniciaremos a Liga Galega de Xadrez.

Aquí temos o calendario dos equipos. Empezade a reservar os sábados ás 17,00 para botar unha partida.

En principio o CIDU - UNIVERSIDADE xogará os seus encontros como local no Centro Universitario de Riazor e os outros equipos xogarán na casa no Centro Comercial Los Rosales.

Lembra que este ano temos a cota voluntaria extraordinaria para axudar a economía do club.

ROLDA-1 17-02-2024
CIDU INCUDE - CIDU RIAZOR
AIR-HOSTESS A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
 
ROLDA-2 24-02-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA -  AVV O GAITEIRO - SIGRAS
CIDU RIAZOR - CLUB XADREZ IRINDO
XIRIA GARAYSA CARBALLO B - CIDU INCUDE
 
ROLDA-3 02-03-2024
CIDU INCUDE - GILLANCIÑOS
PIRATA TITO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
ESCOLA XADREZ CLUBEXA B - CIDU RIAZOR
 
ROLDA-4 09-03-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CLUB XADREZ ARTEIXO B
CLUB DE AJEDREZ MACONDO C - CIDU RIAZOR
TDFC7 - CIDU INCUDE
 
ROLDA-5 16-03-2024
CIDU INCUDE - ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA
CIDU RIAZOR - XIRIA GARAYSA CARBALLO B
E.L.X. ABSOLUTO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
 
ROLDA-6 06-04-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - E.L.X. BOBBY FISCHER
GILLANCIÑOS - CIDU RIAZOR
XIRIA A´XAMONERÍA CARBALLO C - CIDU INCUDE
 
ROLDA-7 13-04-2024
CIDU INCUDE - CLUB DE AJEDREZ MACONDO C
CIDU RIAZOR - TDFC7
XDM - GRUPO OCA - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ROLDA-8 20-04-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - MACONDEROS
CIDU INCUDE - CLUB XADREZ IRINDO
ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA - CIDU RIAZOR
 
ROLDA-9 27-04-2024
CIDU RIAZOR - XIRIA A´XAMONERÍA CARBALLO C
ESCOLA XADREZ CLUBEXA A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
ESCOLA XADREZ CLUBEXA B - CIDU INCUDE
 
ROLDA-10 04-05-2024
MIRKO A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
 
ROLDA-11 11-05-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC

17/01/24

Fedérate co CIDU!

Cota anual do CIDU 2024: 25 euros (nados en 2010 ou seguintes 15 euros).

Lembramos que os alumnos das actividades de xadrez de CBIS, Calasanz e Prácticas teñen a inscrición de balde. 

Formulario de inscrición; 


2. Este ano imos ter unha cota especial voluntaria para fortalecer a economía do club: 20 euros a maiores. A cota imaxe corporativa permitirá recibir un lote con distintos obxectos, entre os que os mais salientables serán a taza do club e a nova sudadeira.

3. No formulario tamén verás a opción de anotarse nas novas clases no CUR. 

12/01/24

Clases no CUR

Estamos nos últimos días para confirmar os equipos de xadrez para a Liga Galega.

Así que lembramos a necesidade de cubrir o formulario xa publicado na web.

Ademais advertimos das dúas clases que lanzamos neste xaneiro no Centro Universitario de Riazor:

Mércores de 18,00 a 19,00, xadrez de competición con Iago Soto.

Venres de 19,30 a 20,30, xadrez básico con Pablo Espárrago.

Despois destas dúas clases (o preso é de 15 € ao mes para socios e 20 € para non socios do CIDU) os xogadores do equipo e outros universitarios poden vir a botar unhas partidas.